inicio - Novas - A directora xeral de Emprego explica á Comisión sectorial nº1 as políticas da Consellería en materia de emprego xuvenil

A directora xeral de Emprego explica á Comisión sectorial nº1 as políticas da Consellería en materia de emprego xuvenil

 15/12/2021  

A directora xeral de Emprego, Covadonga Toca, explicou hoxe no marco dunha sesión da Comisión sectorial nº 1 as liñas de actuación da Consellería de Emprego e Igualdade en materia de emprego xuvenil. Logo de diagnóstico da situación da mocidade no mercado de traballo de Galicia efectuado polo CES nun recente informe, que constataba as dificultades de acceso dos máis novos ao mercado de traballo e para deseñar un proxecto de vida autónoma, a Comisión solicitou a presencia da directora xeral para que explicara as iniciativas que ten en marcha o seu departamento para axudar á mellora da empregabilidade dese colectivo.

A directora xeral salientou a prevalencia da temporalidade e a precariedade dos empregos que atopan os mozos e mozas galegos (indicou, por exemplo, que menos do 10% dos novos contratos asinados no último ano nesa franxa de idade foron indefinidos) e fixo fincapé na importancia da formación en todos os niveis. Na súa exposición, Toca explicou as programas novos do seu departamento, a consolidación doutras liñas xa en marcha e insistiu na necesidade de colaboración cos representantes económicos e sociais para acadar os mellores resultados.

traballos relacionados: