inicio - Novas - A directora da Axencia Galega de Innovación explica no CES os avances da Estratexia de Especialización Intelixente 2021-2027

A directora da Axencia Galega de Innovación explica no CES os avances da Estratexia de Especialización Intelixente 2021-2027

 09/09/2021  

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, compareceu no CES, nunha sesión da Comisión sectorial nº 1, para presentar os avances realizados na Estratexia de Especialización Inteligente 2021-2027 en canto ao proceso participativo seguido, os resultados da diagnose e a base estratéxica preliminar (misión, visión, prioridades e obxectivos estratéxicos).

Con esta intervención diante dos axentes económicos e sociais, e a través das opinións dos mesmos, buscábase coñecer se o enfoque actual se considera axeitado e mesmo ver o modo de promover a participación futura de segmentos da sociedade civil que non estiveran totalmente integrados ata a data.

Entre outros aspectos, na reunión abordáronse temas como o rol da sociedade civil organizada na estratexia e o papel das políticas de I+D+i para dar resposta aos retos sociais. Tamén, abriouse a participación dos membros do CES para aportar propostas sobre a orientación das políticas e instrumentos do eido da investigación, desenvolvemento e innovación.

Na imaxe, un momento da videoconferencia coa presentación da estratexia.