inicio - Novas - Unha delegación do Comité Económico e Social Europeo visita o CES

Unha delegación do Comité Económico e Social Europeo visita o CES

 08/07/2016  
Unha delegación do Comité Económico e Social Europeo (CESE) presidida polo holandés Joost Van Iersel visitó o CES de Galicia. A Sección especializada de Unión Económica e Monetaria e Cohesión Económica e Social dos CES europeo estivo en Santiago para celebrar una reunión na que se analizou o ditamen que está a realizar sobre cómo “Promover as empresas innovadoras e de rápido crecemento”. Para profundizar nese estudio, onte celebraron unha audiencia pública no Centro de Estudios Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa visita ao CES de Galicia, a delegación europea interesouse polo funcionamiento da institución e preguntou sobre as diferentes actividades que leva a cabo, aspectos sobre os que a presidenta do CES, Corina Porro, deu as oportunas explicacións.