inicio - Novas - Unha delegación do CES visita as instalacións do Centro Tecnolóxico da Automoción en O Porriño

Unha delegación do CES visita as instalacións do Centro Tecnolóxico da Automoción en O Porriño

 27/10/2022  

Unha delegación do CES-Galicia, encabezada polo presidente do organismo, visitou as instalacións do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) na localidade pontevedresa do Porriño. O grupo tivo ocasión de coñecer de primeira man, a través das explicacións dos responsables do centro, algúns dos laboratorios punteiros e dos proxectos máis novidosos nos que están a traballar. Técnicos das distintas áreas explicaron in situ o seu traballo en campos como a enxeñería de ensaios, a seguridade activa e pasiva nos vehículos, a automatización, as novas formas de mobilidade e os servizos intelixentes ou os novos materiais. Con preto dun milleiro de traballadores altamente especializados, o CTAG é unha entidade creada para ofrecer solucións tecnolóxicas avanzadas no sector do automóbil.

Na imaxe, foto de grupo da representación do CES cos responsables de CTAG na entrada das instalación. Na galería, outros momentos da visita.