inicio - Novas - Constitúese o comité de seguimento rexional do plan estratéxico da Política Agrícola común 2023-2027 (PEPAC).

Constitúese o comité de seguimento rexional do plan estratéxico da Política Agrícola común 2023-2027 (PEPAC).

 30/11/2022  

Hoxe constituíse o comité de seguimento rexional do plan estratéxico da política Agrícola común 2023-2027 (PEPAC) do que o CES Galicia formará parte como membro representativo do ámbito económico-social. A constitución do mesmo ven marcada polo artigo 124 do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, de 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agraria común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenrolo Rural (FEADER).

A reunión serviu para explicar a composición do comité, que segundo o artigo 124.2 do Regulamento (UE) 2021/2115 debe garantir unha representación equilibrada das administracións e organismos públicos e dos representantes dos interesados e asemade, abordouse o estado de elaboración do regulamento interno do comité que será aprobado nunha vindeira reunión do mesmo.