inicio - Novas - Comparecencia de AGACA (Asociación galega de cooperativas agroalimentarias) ante a CS1

Comparecencia de AGACA (Asociación galega de cooperativas agroalimentarias) ante a CS1

 09/11/2022  

Con motivo dos traballos que está a levar a cabo a CS1 para elaborar o ditame sobre o anteproxecto da lei de calidade alimentaria de Galicia, o representante de AGACA (Carlos Ares Fernández), acompañado da representante da economía social no CES (Mar Pernas) compareceron ante a comisión sectorial 1 para explicar as alegacións que esta asociación presentou ante o citado anteproxecto, así como as inquedanzas, dúbidas e esperanzas que teñen co mesmo.

Os/as membros da comisión escoitaron e anotaron as súas aportacións para, no seu caso, ser tidas en conta no debate que se esta á levar a cabo para a elaboración do citado ditame.