inicio - Novas - A Comisión sectorial nº 1 aborda a redación do ditame sobre a universidade privada

A Comisión sectorial nº 1 aborda a redación do ditame sobre a universidade privada

 20/01/2021  

Os membros da Comisión sectorial nº 1, Economía, emprego e sectores produtivos, están a traballar na elaboración do ditame sobre o anteproxecto de Lei de recoñecemento da universidade privada Universidad Intercontinental de la Empresa, solicitado pola Xunta de Galicia. Nunha sesión celebrada hoxe, os membros expuseron as súas posturas sobre o texto normativo e quedaron para unha próxima reunión nos vindeiros días.