inicio - Novas - A Comisión Permanente ultima dúas declaracións sobre a xestión do lobo e a modernización da rede ferroviaria galega

A Comisión Permanente ultima dúas declaracións sobre a xestión do lobo e a modernización da rede ferroviaria galega

 29/11/2021  

A Comisión Permanente do CES está a traballar en dous documentos con posicionamentos institucionais sobre a xestión do lobo e a modernización de rede ferroviaria galega. Na súa sesión de hoxe, os membros acadaron un acordo unánime sobre o texto que recolle o punto de vista do Consello sobre os criterios que deben primar na abordaxe dos problemas que presenta a presencia do cánido nas zonas habitadas e nas terras gandeiras en extensivo. Este pronunciamento será elevado ao Pleno do CES para a súa aprobación definitiva.

Mentres tanto, a Comisión continúa co debate do texto sobre a necesaria modernización da rede ferroviaria galega para ultimar o texto definitivo e que poda tamén ser remitido ao Pleno.