inicio - Novas - A Comisión Permanente aproba o plan de actividades para 2021

A Comisión Permanente aproba o plan de actividades para 2021

 03/03/2021  

Un informe sobre a dixitalización como oportunidade para a economía galega e otro estudo sobre as consecuencias da covid-19 no emprego e na estrutura produtiva de Galicia serán dous dos próximos traballos que abordará o CES nestes vinderios meses. Así o acordou na súa sesión de hoxe a Comisión Permanente, que aprobou o plan de actividades para 2021.

Entre outras previsións, o Consello organizará tamén, en función da evolución da situación sanitaria, senllas xornadas de análise sobre asuntos como a importancia da economía social, a necesidade da dixitalización como elemento de competitividade ou as repercusións da Lei de Costas nas actividades que se desenvolven neses terreos.

A Comisión Permanente acordou así mesmo relanzar o informe xa comezado sobre o medio rural, que prestará especial atención á gobernanza e aos seus aspectos sociais. Este estudo será complementado cunha xornada de debate con expertos no sector primario, de singular importancia para Galicia.