inicio - Novas - O CES toma parte no proceso participativo sobre a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) 2021-2027

O CES toma parte no proceso participativo sobre a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) 2021-2027

 25/05/2021  

O CES tomo parte hoxe na reunión que mantuvieron distintos departamentos sobre a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) 2021-2027, como parte do proceso participativo que definirá a estratexia nas vindeiras semanas.

Logo dunha breve presentación da RIS3 como Estratexia integral da Xunta en innovación, e o papel que esta ten para dar resposta ás demandas e necesidades da sociedade, os participantes tiveron ocasión de compartir un debate sobre a vinculación e posible encaixe de cada unha das consellerias, axencias e organismos como éste na nova estratexia como elemento horizontal, transversal ao conxunto da Xunta.

A reunión rematou coa identificación de distintos novos axentes ou contactos para incorporar ao proceso participativo.

Esta nova estratexia, que é herdeira da RIS3 2014-2020, inclúe un elemento novidoso que é a incorporación da parte “sociedade” da cuádrupla hélice (academia, empresas, administración pública e sociedade) como parte usuaria e destinataria da innovación que se leva a cabo no territorio e que é promovida pola RIS3. Neste marco prodúcese a participación do CES e a súa involucración no proceso.