inicio - Novas - O CES publica a ficha estadística económica e social de Galicia correspondente a 2020

O CES publica a ficha estadística económica e social de Galicia correspondente a 2020

 05/04/2021  

Xa está dispoñible a ficha estadística económica e social de Galicia correspondente a 2020. O resumo de datos que elabora o CES pretende ser unha visión global e xenérica da situación socioeconómica anual na Comunidade e pode consultarse na sección "Galicia en datos". Nas súas páxinas, a ficha recolle, a través de criterios obxectivos e sen entrar en consideracións, aqueles aspectos máis relevantes, desde o punto de vista económico, da realidad galega a través de diferentes indicadores e gráficos, extraídos de fontes como o IGE, o INE ou a DGT.

Ligazón: Ficha 2020