inicio - Novas - O CES presenta máis dunha trintena de consideracións para mellorar o anteproxecto de Lei de impulso demográfico de Galicia

O CES presenta máis dunha trintena de consideracións para mellorar o anteproxecto de Lei de impulso demográfico de Galicia

 13/01/2020  
O Pleno do CES aprobou por unanimidade, na súa sesión de hoxe, o ditame sobre o anteproxecto de Lei de impulso demográfico de Galicia. No documento, os membros do Consello propoñen varias dúcias de consideracións que, na opinión do organismo consultivo, poden contribuir a mellorar o texto e acadar os obxectivos propostos. Logo de lembrar que o CES comparte a necesidade e a oportunidade da norma, nun momento crítico en termos demográficos, os membros do Consello repasan polo miúdo o articulado do anteproxecto para expresar as súas consideracións ao mesmo.
documentos relacionados: 
AnexoTamaño
PDF icon ditame impulso demográfico385.42 KB