inicio - Novas - O CES presenta este xoves o seu informe sobre Ferrol e a súa área

O CES presenta este xoves o seu informe sobre Ferrol e a súa área

20/03/2017

O CES vai presentar o vindeiro xoves, 23 de marzo, o seu informe sobre Ferrol e a súa área de influencia nun acto público que se celebrará nesa cidade. Recentemente aprobado, o estudo recolle, xunto á descrición da realidade da área e a análise estatística das variables más salientables, unha serie de directrices ou propostas estratéxicas sobre o futuro. A presentación terá lugar no salón de actos da Universidade, no campus de Esteiro.