inicio - Novas - O CES participa nas reunións dos comités de seguimento dos fondos europeos de cohesión 2021-2027

O CES participa nas reunións dos comités de seguimento dos fondos europeos de cohesión 2021-2027

 05/11/2021  

As xuntanzas de programación do PO FEDER Galicia e do PO FSE+ Galicia 2021-2017 celebráronse na sede do organismo en Santiago

O Consello Económico e Social de Galicia participou, a través do seu gabinete técnico, nas reunións de programación dos programas operativos dos fondos europeos da política de cohesión do período 2021-2027, que se celebraron estes días na sede deste organismo. En concreto, tiveron lugar xuntanzas sobre a programación do PO FEDER Galicia e do PO FSE+ para eses anos.

As convocatorias reuniron aos principais xestores do actual programa 2014-2020 así como aos axentes económicos e sociais que forman parte do Comité de Seguimento dos programas, como o propio CES.

As reunións serviron para explicar as principais novidades da Política de Cohesión 2021-2027 e para presentar os traballos para a programanción dos PO tanto do FEDER Galicia 2021-2027 como do FSE+ Galicia 2021-2027.