inicio - Novas - O CES participa na reunión do Comité de Seguimento do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia

O CES participa na reunión do Comité de Seguimento do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia

 14/04/2021  

O CES, como membro do Comité de seguimento do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia, participou hoxe na reunión deste organismo para valorar a última proposta de modificación do programa. A sesión celebrouse para que os membros coñeceran a valoraran a proposta de modificación que realizará a Autoridade de Xestión do PDR de Galicia 2014-2020./

A proposta de modificación atende a dous motivos principales: por unha banda, á prórroga do PDR 2014-2020 para os anos 2021 e 2022 por parte das autoridades comunitarias, que establece axudas para o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) nos anos 2021 e 2022; e, por outra banda, a incorporación dos fondos do Instrumento de Recuperación da Unión Europea (IRUE) para apoiar a recuperación trata crise da covid-19.