inicio - Novas - O CES insta a perseverar na xestión actual da protección das poboacións de lobo de Galicia garantindo a axeitada convivencia do cánido coa actividade gandeira, nomeadamente a gandería extensiva

O CES insta a perseverar na xestión actual da protección das poboacións de lobo de Galicia garantindo a axeitada convivencia do cánido coa actividade gandeira, nomeadamente a gandería extensiva

 20/12/2021  

O CES une a súa voz contra o cambio do status de protección do lobo en Galicia, e a súa inclusión na listaxe de especies especialmente protexidas que imposibilita a súa caza. Nun manifesto aprobado polo Pleno, o organismo consultivo insta á Xunta de Galicia e ao Goberno de España, no marco das súas respectivas competencias, a tomar as seguintes medidas en relación coa xestión do lobo en Galicia:

• Perseverar na xestión das poboacións de lobo de Galicia, dentro do marco de protección determinadas para a especie, a fin de garantir a axeitada convivencia das poboacións autóctonas de lobo coa actividade gandeira, nomeadamente a gandería extensiva.

• A adoptar con urxencia as medidas especiais necesarias para resolver as situacións de alto risco derivadas do achegamento do lobo ás zonas habitadas e nas comarcas con elevada incidencia de ataques á gandería extensiva.

• A mellorar a convivencia do lobo e a gandaría mediante subvencións a medios de prevención de ataques á cabana gandeira e a través dun fondo público que faga fronte ás indemnizacións polos danos ao gando que cunha valoración das reses axustada ao mercado, que teña en conta os danos colaterais e o lucro cesante. Ambas medidas deben contar cunha dotación orzamentaria suficiente, que a súa solicitude supoña a menor carga burocrática posible e o seu pagamento sexa áxil.

• A explorar medidas de xestión adicionais, como a alimentación disuasoria do lobo, con criterios científicos e técnicos e supervisión técnica rigorosa, utilizando restos de reses mortas coas debidas garantías e controis veterinarios, ou incluso restos de reses de caza.

documentos relacionados: 
AnexoTamaño
Ficheiro posicionamento lobo29.62 KB