inicio - Novas - O CES-Galicia presenta o seu informe sobre o grado de exposición da economía de Galicia ante o Brexit

O CES-Galicia presenta o seu informe sobre o grado de exposición da economía de Galicia ante o Brexit

 16/10/2018  
En pleno proceso final de negociación a caída do Reino Unido da Unión Europea, o Consello Económico e Social de Galicia ven de aprobar o seu informe “Análise económica do grao de exposición da economía de Galicia ante o Brexit. Principais consideracións”, un exercicio de reflexión sobre os posibles escenarios que se presentan nunha contorna complexa e che de incertidumes. O informe presentarase nunha rolda de prensa que terá lugar mañana, mércores 17 de octubre, a las 11:30 horas, na sede do organismo. O traballo recolle unha amplia reflexión sobre o grao de exposición de Galicia ante o Brexit e salienta os aspectos que resultan máis preocupantes para os distintos sectores e outros nos que será preciso estar atentos ao proceso negociador debido aos altos riscos que presentan. Para a presentación, ademáis da presidenta do CES, Corina Porro, contamos coa presencia do profesor Fernando González Laxe, da Universidade da Coruña, que liderou a equipa de redacción do estudio e será o encargado de explicar as súas conclusións e principais consideracións. Tamén está prevista a presencia do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
traballos relacionados: