inicio - Novas - O CES Galicia presenta a Memoria de Actividades do 2022

O CES Galicia presenta a Memoria de Actividades do 2022

 04/05/2023  

O 2022 ven marcado por un incremento das actividades levadas a cabo polo CES Galicia e no CES Galicia. O exercicio partiu cun incremento do orzamento do 3,82 %, con respecto ao do 2021 o que supuxo por unha banda a posibilidade de elaboración de 4 informes (un sobre dixitalización en colaboración coa UDVigo, outro sobre o sector enerxético en colaboración coa UDC, outro sobre impactos da covid na economía en colaboración coa USC, e outro sobre o tecido empresarial en colaboración coa UDVigo) en colaboración coas universidades galegas. Asemade, as visualizacións de youtube das xornadas feitas polo CES Galicia superan as 4.900 visualizacións.

Emitíronse 4 ditames preceptivos sobre anteproxectos de lei da Xunta de Galicia (xestión ciclo integral auga, lei áreas empresariais, lei calidade alimentaria, lei artesanía).

A actividade institucional resaltou con 25 actuacións, entre elas podemos destacar a participación no Foro Ave-Madrid-Ourense, a continuación dos traballos na RTA, a celebración como anfitrión do encontro anual en Santiago dos CES españois, a visita ao Parlamento de Galicia, a realización dunha xornada co CES España para a presentación do informe sobre a situación da muller, a participación na presentación do CISPAC, ...

Leváronse a cabo 9 comparecencias e manifestos (como a declaración sobre uns servizos ferroviarios competitivos ou as consecuencias non derivadas da lei 8/2021, ...).

A presenza institucional do CES Galicia, a través do seu presidente, en máis de 50 actos, así como haber tido 52 reunións de traballo dos distintos órganos colexiados (comisións sectoriais, permanente, pleno) ao longo do ano.

Por último fomos a sede para a celebracións de eventos douras institucións en 29 ocasións (reunións do Foro económico de Galicia, do consello galego de relacións laborais, do grupo GEN, firma de convenios do IG Consumo...).

Todo elo supuxo que tivemos presenza na prensa en 35 ocasións.

traballos relacionados: