inicio - Novas - O CES Galicia participa nunha reunión co Comisionado do Goberno para o Corredor Atlántico durante o encontro anual dos CES españois en Bilbao

O CES Galicia participa nunha reunión co Comisionado do Goberno para o Corredor Atlántico durante o encontro anual dos CES españois en Bilbao

 05/05/2023  

Bilbao foi o esceario do encontro anual dos CES españois, que se celebrou os días 4 e 5 de maio e que contou coa partición do CES Galicia, representados polo seu presidente e mais o secretario xeral. A reunión serviu para intercambiar experiencias entre os distintos organismos e debatir sobre as posibilidades de colaboracións, o futuro dos Consellos e o seu papel na sociedade. O acto estivo presidido polo presidente do CES de España, Antón Costas, e foi organizado polo CES do País Vasco como anfitrión.

Durante o encontro, os responsables dos distintos Consellos tiveron ocasión de escoitar de primeira man o estado de execución dos corredores ferroviarios de España por parte do Comisionado do Goberno de España para o Corredor Atlántico, José Antonio Sebastián Ruiz, e do Coordinador Adxunto do Corredor Mediterráneo, José Carlos Domínguez Curiel. Ambos explicaron polo miúdo a situación na que se atopan ambos corredores e os problemas e perspectivas de futuro dos mesmos. As sesións contaron tamén coa presencia do conselleriro de Planificación Territorial, Vivenda e Transportes do Goberno Vasco, Iñaki Arriola.

O futuro do corredor atlántico é un asunto de especial importancia e interese para o CES de Galicia que, como membro da Rede Transnacional Atlántica (RTA) e xunto cos Consellos españois de Andalucía, Castela e León, Extremadura e o País Vasco e máis os seus homólogos da Francia atlántica, está a traballar no fomento e desenvolvemente desa infraestrutura.

Na imaxe, os presidentes e secretarios xerais dos CES autonómicos e do CES de España.