inicio - Novas - O CES-Galicia participa na mesa redonda sobre a importancia dos Consellos autonómicos con motivo do 30 aniversario do CES de Castela e León

O CES-Galicia participa na mesa redonda sobre a importancia dos Consellos autonómicos con motivo do 30 aniversario do CES de Castela e León

 14/12/2021  

O presidente do CES-Galicia, Agustín Hernández, participou hoxe, no marco da xornada “30 años de Consejo Económico y Social de Castilla y León”, nunha mesa redonda sobre o importante papel dos CES autonómicos celebrada na sede da institución castelá e leonesa. Organizado en colaboración do diario “El Español-NoticiasCyL”, o acto permitiu a representantes institucionais, dos sindicatos, a patronal e ás organizacións agrarias debatir sobre os retos de futuro e o actual esceario económico e social desa Comunidade Autónoma.

A xornada foi inaugurada polo presidente das Cortes de Castela e León, Luis Fuentes, e a continuación o presidente do CESCyL, Enrique Cabero, fixo un breve repaso á historia do organismo e a súa contribución á vida dos habitantes da comunidade. Os objectivos da xornada eran divulgar entre a cidadanía o importante papel dos CES, poner de relieve os seus principais logros e analizar os seus retos de futuro nun contexto mundial sometido a profundos cambios económicos e sociais.

Pola súa banda, Agustín Hernándeza fixo fincapé na súa intervención, na que falou do Corredor Atlántico e da importancia da unión entre comunidades para apostar polo mesmo, no interesante papel que poden xogar os CES á hora de establecer sinerxias con comunidades vecinas.

Según recolle o medio “El Español”, o presidente do CES salientou que “tiene que haber una recuperación que permita superar los problemas estructurales de la economía española. Mimbres, voluntad y consenso existen, pero el ruido político debilita e impide alcanzar algún consenso. Desde el CES de Galicia sí que procuramos consensuar acuerdos e informes, sin votación. Ese es el gran valor y lo que nos tiene que hacer seguir trabajando y aportar ese trabajo”, aseguraba no seu turno de palabra Agustín Hernández.

O presidente ensalzou “la necesidad de articular un verdadero Corredor Atlántico” para “apostar por el cambio en la movilidad de los transportes”. Agustín Hernández pediu a Europa apostar por “este transporte de mercancías más eficaz y con menos costes”.

“Tenemos un gran reto por delante que pasa por visibilizar en la opinión pública, en el tejido económico y social, la importancia del Corredor Atlántico”, engadiu o presidente do CES de Galicia, que volveu poñer en valor esa unión para facer forza co CES de Castela e León e apoiar ese proxecto de futuro.