inicio - Novas - O CES comenza a actualización dos seus informes territoriais

O CES comenza a actualización dos seus informes territoriais

 06/03/2014  
O CES comezou o proceso de actualización dos informes territoriais que ven desenvolvendo este organismo consultivo desde a súa creación. Logo de ter estudiado toda a xeografía galega a través de dez informes ao longo destes anos, o último traballo sobre a área de Vigo, recentemente presentado, marcou o final dun ciclo e o inicio dunha segunda fase nunha doble vertiente: o seguemento das actuacións propostas nese estudio e a actualización de traballos anteriores. A Comisión sectorial nº 3, Desenvolvemento territorial, xa escomezou coas reunións preliminares para a redacción dun novo informe. O Consello acordou actualizar os informes territoriais realizados ata o presente e establecer un sistema de seguimento das propostas que, como se fixo no devandito estudio sobre a área de Vigo, se inclúan neles, como medio para rentabilizar permanentemente o traballo que se ven realizando dende fai anos. Con esta iniciativa, o CES tenta ofrecer unha ferramenta de gran utilidade á sociedade e, en especial, aos que dende as institucións públicas ou os distintos sectores sociais e económicos deben tomar diariamente decisións na correspondente área de responsabilidade. Precisamente, é a presentación de propostas concretas de actuación para a área estudiada o que fai oportuno establecer un seguimento das mesmas, unha visión periódica do grao de realización das actuacións realizadas, co fin de ter unha imaxe actualizada da situación.