inicio - Novas - O CES aproba por unanimidade o ditame sobre o anteproxecto de Lei de ordenación do territorio de Galicia

O CES aproba por unanimidade o ditame sobre o anteproxecto de Lei de ordenación do territorio de Galicia

 26/09/2019  

O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia ven de aprobar por unanimidade na súa sesión de hoxe o ditame deste organismo sobre o anteproxecto de Lei de ordenación do territorio de Galicia. As distintas organizacións representadas no CES acadaron un consenso total sobre as consideracións que presenta este organismo ao texto normativo remitido desde a Xunta de Galicia para o preceptivo ditame antes da súa tramitación parlamentar.

Entre outras consideracións, o CES apunta que entre os fins e obxectivos en materia de ordenación do territorio debería incorporarse expresamente o de evitar a despoboación do medio rural en base á actividade económica que nel se desenvolve.

Nesta mesma sesión, a primeira de carácter plenario que preside Agustín Hernández Fernández de Rojas desde o seu recente nomeamento, o Pleno aprobou tamén a proposta de orzamento do organismo para o vindeiro ano.

documentos relacionados: