inicio - Novas - O CES aproba un informe sobre os impactos da covid-19 na economía galega

O CES aproba un informe sobre os impactos da covid-19 na economía galega

 28/04/2023  

As consecuencias da pandemia de covid-19 nos distintos aspectos da economía galega, desde os grandes números de actividade ao mercado de traballo, do aumento da desigualdade ás medidas paliativas postas en marcha para reducir os maiores impactos negativos, protagonizan o último informe do Consello Económico e Social. Na súa reunión de hoxe, o Pleno do CES aprobou por unanimidade o estudo “Informe sobre os impactos da covid-19 na economía galega”, elaborado en colaboración coa Universidada de Santiago de Compostela.

A investigación, levada a cabo polo equipo dos profesores Juan José Ares Fernández e Alberto Meixide Vecino, é un pormenorizado repaso pola situación creada trala pandemia que se fixa moi especialmente no impacto no mercado de traballo (poboación activa, emprego, ERTES, salarios e custos laborais…) e describe tamén as consecuencias sobre os distintos sectores de actividade.

Logo desa análise, o informe explica os trazos xerais do comercio externo galego durante a pandemia, a internacionalización das empresas o as modificacións na estrutura do comercio por sectores antes de afondar no investimento estranxeiro directo recibido e emitido en Galicia. Un último capítulo está adicado ás medidas e actuacións adoptadas pola administración central e autonómica para afrontar a crise.

VER RESUMO EXECUTIVO E CONCLUSIÓNS DO INFORME

traballos relacionados: 
documentos relacionados: 
AnexoTamaño
PDF icon resumo e conclusións informe covid300.37 KB