inicio - Novas - Cambio climático e transición enerxética protagonizan unha nova xornada do CES

Cambio climático e transición enerxética protagonizan unha nova xornada do CES

 01/03/2022  

O encontro celebrarase o vindeiro 11 de marzo e poderá seguirse en directo vía streaming

As ameazas do cambio climático e o actual proceso de transición enerxética no que están inmersos os nosos sistemas produtivos serán os protagonistas dunha nova xornada do CES, que se celebrará o vindeiro 11 de marzo. As intervencións dos distintos expertos que abordarán os diferentes aspectos destes asuntos desde a sede do Consello poderán seguirse en directo vía streaming a través da nosa canle de YouTube.

Coa idea de aportar reflexións globais sobre esa problemática e as súas múltiples facianas, o CES vai reunir a representantes da Administración (para falar da planificación da transición enerxética), das empresas enerxéticas e de combustibles e do sector da automoción (os novos retos do transporte sen emisións), pero tamén se contemplarán as visións dos colectivos ecoloxistas sobre a protección do medio ambiente. O encontro reservará tamén protagonismo para os representantes dos sindicatos maioritarios e as súas reflexións sobre cambio climático e emprego, que pecharán a xornada.

Pode ver o programa da xornada no documento adxunto.

documentos relacionados: 
AnexoTamaño
PDF icon programa xornada cambio climático280.24 KB