inicio - Novas - Os axentes socioeconómicos presentan as súas propostas para loitar contra o desemprego xuvenil

Os axentes socioeconómicos presentan as súas propostas para loitar contra o desemprego xuvenil

 22/05/2014  

Representantes dos axentes económicos e sociais membros do CES presentaron as súas propostas para combatir o desemprego xuvenil, un dos graves problemas que ten Galicia, na mesa redonda coa que rematou a xornada Situación actual e perspectivas laborais da xuventude galega, organizada por este organismo consultivo en colaboración co Instituto de estudos e desenvolvemento de Galicia (Idega).

Nas súas intervencións, os representantes da CEG, de Comisións Obreiras, da CIG e de UGT-Galicia –na imaxe, de dereita a esquerda, co moderador no medio– salientaron a gravidade do problema e reclamaron, desde diferentes ópticas, políticas de incentivos que permitan corrixir as cifras de desemprego entre os máis novos. Todos coincidiron en que cómpre facer cambios nas estratexias actuais, que non están a dar os resultados necesarios, e adicar máis fondos e recursos de todo tipo ao obxectivo de crear emprego estable.

Coa mesa redonda púxose fin a unha interesante xornada na que distintos expertos fixeron unha exhaustiva análise da problemática que atopan os xóvenes na procura dun emprego
documentos relacionados: 
AnexoTamaño
Microsoft Office document icon Intervencións: CC.OO.100.5 KB
Office presentation icon Intervencións: UGT265.5 KB