inicio - Novas - Axentes socioeconómicos e expertos debaten sobre dixitalización, emprego e bienestar nunha xornada

Axentes socioeconómicos e expertos debaten sobre dixitalización, emprego e bienestar nunha xornada

 22/03/2018  
Representantes dos axentes económicos e sociais e expertos de distintas universidades déronse cita na sede do CES para debatir sobre as consecuencias que a aplicación das novas tecnoloxías na industria terán sobre o emprego e o futuro das nosas sociedades no marco da xornada "Dixitalización, emprego e bienestar", organizada por este organismo en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais. Enmarcada na iniciativa “Por unha alianza no sector industrial galego”, a xornada serviu para coñecer os retos e desafíos que as novas tecoloxías e a xa imparable dixitalización están a ter no eido do emprego, nas organizacións e na relación laboral, ademáis dos retos que enfrontamos como sociedade do benestar. Os poñentes e os axentes económicos e sociais aportaron os seus comentarios e opinións sobre ese futuro que á xa unha realidade.