inicio - Novas - Os axentes socioeconómicos coinciden na necesidade de buscar consensos para garantir a continuidade do sistema público de pensións

Os axentes socioeconómicos coinciden na necesidade de buscar consensos para garantir a continuidade do sistema público de pensións

 25/03/2019  

Representantes dos axentes económicos o sociais do CES coincidiron en salientar a necesidade de atopar consensos para levar a cabo as necesarias reformas do sistema público de pensións para garantir a súa continuidade, sostibilidade e equidade. No marco da xornada sobre O futuro do sistema público de pensións , membros das organizacións sindicais e empresariais expresaron opinións coincidentes na convenencia de manter o sistema no futuro, como un dos piares do estado do benestar.

Antes da mesa redonda, unha audiencia que ateigaba a sala do Pleno do CES tivo ocasión de asistir á conferencia do profesor Ángel de la Fuente, un dos máis destacados expertos nesta materia, director de Fedea e habitual asesor do Pacto de Toledo. De la Fuente explicou os distintos escearios que están a contemplar para a reforma do sistema, cambios que se entende que resultan imprescindibles a medio prazo para que o sistema non colapse e que deben ser implementados canto antes.

O sistema presenta particularidades propias en Galicia, por mor da súa estrutura poboacional, demográfica e económica. Destes rasgos diferenciais falou o profesor Migue Vázquez Taín, presidente do Consello de Economistas de Galicia. Na súa ponencia, Vázquez Taín fixo fincapé nos elementos singulares que condicionan o futuro do sistema na nosa comunidade.

Na imaxe, os axentes socioeconómicos, durante a mesa redonda.