inicio - Novas - Un artigo sobre turismo e unha tese sobre economía no Antigo Réxime, galardoados na quinta edición do premio Valentín Paz Andrade

Un artigo sobre turismo e unha tese sobre economía no Antigo Réxime, galardoados na quinta edición do premio Valentín Paz Andrade

 14/02/2019  

Un artigo sobre turismo en Santiago de Compostela, na modalidade 1, e unha tese sobre aspectos económicos da Galicia no Antigo Réxime, na modalidade 2, foron os traballos galardoados na V edición do Premio Valentín Paz Andrade, convocado conjuntamente polo CES e o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC. O acto de entrega dos premios celebrouse hoxe, coa presencia do reitor da USC e da presidenta do CES.

Xosé A. Rodríguez, Fidel Martínez-Roget e Pilar González-Murias resultaron gañadores polo seu artigo "Length of stay: Evidence from Santiago de Compostela", publicado na revista Annals of Tourism Research. O xurado salientou o carácter novidoso do traballo e a exhaustividade do mesmo, "cun rigoroso análise estatístico que permite tirar conclusións relevantes para o deseño da política turística na área de Santiago de Compostela".

Pola súa banda, o galardón na modalidade 2 correspondeu á tese de doutoramento de Francisco Cebreiro Ares, un traballo titulado "Circulación monetaria y crédito en Galicia al final del Antiguo Régimen". Este caso, o xurado destacou a relevancia do obxecto de estudo, a orixinalidade do enfoque e o rigor metodolóxico do mesmo, que aborda "un tema escasamente analizado ata agora e sobre o que fai unha contribución sobresaínte".

Na súa intervención no acto, a presidenta do Consello lembrou a importancia da investigación como forma de coñecemento da realidade para unha mellor toma de decisións e o decidido apoio do CES neste campo e animou aos presentes a comezar a traballar para unha vindeira convocatoria destes premios.