inicio - Novas - Arrinca unha análise comparada do tecido empresarial galego e a dinámica empresarial en colaboración coa Universidade de Vigo

Arrinca unha análise comparada do tecido empresarial galego e a dinámica empresarial en colaboración coa Universidade de Vigo

 30/06/2022  

O CES ven de acadar un acordo de colaboración coa Universidade de Vigo para a elaboración dun informe que, baixo o título “Tecido empresarial galego e dinámica empresarial. Análise comparada”, tentará presentar un marco de reflexión consensuado acerca da realidade industrial de Galicia. O estudo será coordinado polo profesor do departamento de Economía Financeira e Contabilidade da UVigo Patricio Sánchez Fernández.

O obxecto de estudo do informe vai ser o tecido empresarial, que constitúe un elemento central nas relacións económicas, analizando o impacto das crises económicas (2008 e 2019) neste eido así como na dinámica e demografía empresarial dende unha perspectiva comparada coas outras CC.AA. españolas. Para iso teranse en conta fundamentalmente os principais resultados relativos aos indicadores sobre a actividade económica e empresarial publicados.

O ámbito temporal de estudo céntrase fundamentalmente no período 2008-2021, que se pode dividir en tres subperíodos: dende o inicio da crise financeira de 2008 ata o ano 2013; o período de recuperación iniciada a finais de 2013; y por último, ver como incide a crise orixinada pola pandemia nos dous últimos anos (2020-2021).

Está previsto que o informe, que se asignará á Comisión sectorial nº 1, poda estar rematado a finais deste ano.