inicio - Novas - Aberto o prazo de presentación de candidaturas para o Premio Valentín Paz Andrade, que acada a súa sexta edición

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para o Premio Valentín Paz Andrade, que acada a súa sexta edición

 07/10/2019  

Desde o pasado 1 de outubro está aberto o prazo para a presentación de traballos candidatos ao Premio Valentín Paz Andrade de investigación en economía de Galicia. Convocado conxuntamente con carácter anual polo Consello Económico e Social de Galicia e o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC, acada neste ano a súa sexta edición. Os traballos poderán presentarse ata o 15 de novembro.

Con esta iniciativa, as institucións convocantes tentan premiar os traballos de investigación que contribúan ao mellor coñecemento da realidade económico-social de Galicia e ao establecemento das políticas más axeitadas para contribuír ao benestar dos seus cidadáns.

Como en anteriores ediciones, o galardón ten dúas modalidades: premiará traballos de investigación publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas, pero tamén teses de doutoramento presentadas en calquera universidade entre outubro de 2018 e outubro de 2019. As bases da convocatoria deste ano pódense consultar no documento enlazado.

O gañador da primeira modalidade recibirá un premio de 2.000 euros, mentres que para a segunda está prevista a cantidade de 1.000 euros.

Calquera profesor, investigador ou institución pode presentar candidaturas e facelas chegar, antes do 15 de novembro de 2019, á secretaría do IDEGA .

Un xurado de expertos de recoñecido prestixio, presidido polo reitor da USC, elexirá aos ganadores en función da relevancia da contribución para o progreso do coñecemento da realidade socioeconómica de Galicia e para a mellor asignación dos recursos, o impulso ao crecemento, ao emprego e á consecución de cotas máis altas de equidade, segundo indican as devanditas bases da convocatoria.

documentos relacionados: 
AnexoTamaño
PDF icon Bases VI Paz Andrade109.96 KB