inicio - Novas - “Un presuposto para 2022 modesto pero suficiente”, defiende o presidente do Consello na comisión parlamentar de Orzamentos

“Un presuposto para 2022 modesto pero suficiente”, defiende o presidente do Consello na comisión parlamentar de Orzamentos

 03/11/2021  

O presuposto do CES para o vindeiro ano 2022 recolle “un incremento modesto, pero suficiente para cumprir coas funcións e os proxectos” que ten que abordar o organismo nese exercición. Así o expuso o presidente, Agustín Hernández, na súa comparencia de hoxe no Parlamento diante da comisión de Orzamentos, que está a tramitar as contas da Comunidade para ese ano.

Hernández, que estivo acompañado polo secretario xeral do organismo, Manuel Martínez, salientou que o incremento máis importante corresponde á partida destinada a elaboración de informes , que pasa dos 30.000 € no 2021 aos 75.000 € no 2022. Este aumento permitirá abordar novos traballos e estudios en colaboración coas universidades de Galicia.

Na súa comparecencia, o presidente explicou as principais actividades desenvolvidas no ano actual, nun contexto de crecente normalización sanitaria, a adiantou algúns dos proxectos nos que xa está a traballar o Consello –como unha xornada sobre o medio rural o un informe sobre os retos económicos e sociais da dixitalización–, aínda que o programa definitivo está aínda pendende de aprobación.

Hernández rematou a súa intervención expresando que “con estas contas, entendemos que o CES vai poder seguir cumprindo co seu labor consultivo e de participación. Superados os peores momentos que vivimos coa pandemia, os axentes económicos e sociais representados no Pleno imos traballar para un crecemento inclusivo, unha recuperación sostible, un camiño de futuro no que ningunha persoa, ningún colectivo, ningún territorio quede rezagado”.

O vídeo da comparecencia está dispoñible na mediateca do Parlalmento de Galicia, no seguinte enlace: http://mediateca.parlamentodegalicia.es/activity