inicio - O Ces - Composición

Composición

 O CES-Galicia está formado por 38 membros, incluídos o seu presidente e mailo secretario xeral. Os outros 36 membros distribuínse en tres grupos:

  • Grupo 1: Os seus doce membros son designados polas organizacións sindicais máis representativas segundo os resultados das eleccións sindicais. No Consello séntanse 4 membros do Sindicato Nacional CC.OO. de Galicia, 4 membros do sindicato UGT-Galicia e 4 da Confederación Intersindical Galega (CIG)
 
  • Grupo 2: Os doce membros do Consello encadrados neste grupo representan ás organizacións empresariais e son designados pola Confederación de Empresarios de Galicia.
 
  • Grupo 3: Neste grupo agrúpanse as diversas entidades e asociacións cidadáns, culturais e socioeconómicas máis representativas da realidade económica e social de Galicia. O grupo compóñeno 4 membros do sector agrario; 2, do sector marítimo pesqueiro (un da pesca de baixura e outro, da de altura); 2 representantes dos consumidores e usuarios; 1 do Consello Galego de Economía Social e 3 das Universidades de Galicia.