14/06/2013
A xornada celebrarase o vindeiro 25 de xuño no Museo do Mar, en Vigo
O Consejo Económico y Social vai presentar en Galicia o seu informe sobre a reforma da Política Pesqueira Común, nunha xornada que terá lugar no Museo do Mar, en Vigo o vindeiro 25 de xuño. A especial relevancia do sector pesqueiro e o complexo mar-industria para o tecido económico e social galego, e a importancia da pesca galega no conxunto español, decidiron ao órganismo consultivo, en colaboración co CES-Galicia, a achegar as conclusións do seu estudio aos representantes do sector nestas terras.
Programa da Xornada
O CES de España presenta en Galicia o seu informe sobre a reforma da Política Pesqueira Común europea

A xornada celebrarase o vindeiro 25 de xuño no Museo do Mar, en Vigo
O Consejo Económico y Social vai presentar en Galicia o seu informe sobre a reforma da Política Pesqueira Común, nunha xornada que terá lugar no Museo do Mar, en Vigo o vindeiro 25 de xuño. A especial relevancia do sector pesqueiro e o complexo mar-industria para o tecido económico e social galego, e a importancia da pesca galega no conxunto español, decidiron ao órganismo consultivo, en colaboración co CES-Galicia, a achegar as conclusións do seu estudio aos representantes do sector nestas terras.
Programa da Xornada
14/05/2013
Galicia participou no encontro de CES autonómicos celebrado en Castellón

O Consello Económico e Social de Galicia participou no encontro anual de CES de España, que se celebrou os días 8, 9 e 10 de maio en Castellón, organizado polo organismo consultivo da Comunidade Valenciana. Na xuntanza, que reuniu a representantes dos distintos consellos autonómicos e do Consejo Económico y Social de España, o CES de Galicia estivo representado pola súa presidenta, Corina Porro, e o secretario xeral, Juan José Gallego Fouz.
05/04/2013
O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia aprobou na súa sesión de hoxe os tres ditames nos que estaba a traballar. Por orde de entrada, o plenario do organismo consultivo aprobou por unanimidade o seu ditame sobre o anteproxecto de Lei de caza de Galicia (ditame 2/13); de seguido, tamén por unanimade dos membros presentes, o ditame sobre o anteproxecto de Lei de creación do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas (ditame 3/13); e rematou a sesión coa aprobación do ditame sobre o anteproxecto de Lei de garantías de prestación sanitarias, elaborado polo trámite de urxencia e que anexa un voto particular formulado polos representantes do Grupo I do CES.
Os ditames sobre os anteproxectos de lei de garantías de prestacións sanitarias, de caza e de creación do colexio de nutricionistas, aprobados na sesión plenaria

O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia aprobou na súa sesión de hoxe os tres ditames nos que estaba a traballar. Por orde de entrada, o plenario do organismo consultivo aprobou por unanimidade o seu ditame sobre o anteproxecto de Lei de caza de Galicia (ditame 2/13); de seguido, tamén por unanimade dos membros presentes, o ditame sobre o anteproxecto de Lei de creación do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas (ditame 3/13); e rematou a sesión coa aprobación do ditame sobre o anteproxecto de Lei de garantías de prestación sanitarias, elaborado polo trámite de urxencia e que anexa un voto particular formulado polos representantes do Grupo I do CES.
26/02/2013
A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos González, e a presidenta do CES, Corina Porro Martínez, asinaron a renovación do convenio de colaboración que manteñen ambas entidades para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación. Coa sinatura, exténdese a vixencia do documento ata o 31 de decembro de 2013.
Renovado o convenio coa Escola Galega de Administración Pública

15/01/2013
O Pleno do CES-Galicia aprobou na súa primeira sesión deste ano o ditame sobre o anteproxecto de Lei de modificación da Lei 13/2006, de horarios comerciais de Galicia.
O Consello aproba o ditame sobre a modificación da Lei de horarios

O Pleno do CES-Galicia aprobou na súa primeira sesión deste ano o ditame sobre o anteproxecto de Lei de modificación da Lei 13/2006, de horarios comerciais de Galicia.
13/12/2012
O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia aprobou o ditame sobre o anteproxecto de Lei de estradas de Galicia na súa sesión de onte. O texto aprobado foi froito do esforzo de consenso amosado polo membros da comisión sectorial encargada dos traballos preliminares e das organizacións representadas no organismo.
No seu ditame, o Consello plantexa, entre outras consideracións, a necesidade de introducir no texto definitivo da lei maiores elementos de seguridade e medioambientais, así como cuestións relacionadas coa mobilidade.
Aprobado o ditame sobre o anteproxecto de Lei de estradas

Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- seguinte ›
- última »