inicio - Novas
 20/11/2015  

Santiago, referente dos Consellos Económicos e Sociais atlánticos

presidente RTA Representantes dos consellos económicos e sociais do arco atlántico europeo, agrupados na Rede Transnacional Atlántica (RTA), reuníronse en Santiago, na sede do CES de Galicia, para celebrar unha sesión do seu órgano de goberno. O comité executivo da RTA, presidido polo representante do CESER da rexión gala de Poitou-Charentes, Michel Hortolan, plantexou o programa de actuacións da organización destes organismos consultivos para o vindeiro ano.
 19/11/2015  

Conferencia sobre a Rede Transnacional Atlántica

Arantza López de Munain fala da RTA no CES-Galicia A xénese histórica, a filosofía, o modo de funcionamento, os distintos traballos abordados, a labor actual e os plans de futuro da Rede Transnacional Atlántica (RTA) de consellos económicos e sociais. Todos estes aspectos foron abordados nunha conferencia dirixida aos membros do CES-Galicia pola responsable técnico do CES vasco nesa organización, Arantza López de Munain, celebrada na sede deste organismo. A ponencia foi introducida polo presidente do CES vasco, Francisco José Huidobro.
 28/09/2015  

O CES aproba o ditame sobre o anteproxecto de Lei do solo de Galicia

CES Galicia-ditame sobre o anteproxecto de Lei do solo de Galicia
O Pleno do Consello Económico e Social aprobou, na súa sesión 4/15, o ditame sobre o anteproxecto de Lei do solo de Galicia.
Acceda ao documento neste enlace
 10/09/2015  

Presentado en Bruselas o estudo dos CES sobre a Estratexia Atlántica

CES Galicia-Estratexia Atlántica
Gran acollida do informe entre os representantes da Comisión Europea

Poner en común e facer públicas diante das institucións europeas as conclusións e propostas do seu informe. Este foi o obxectivo da presentación levada a cabo pola Red Transnacional Atlántica (RTA) de Consellos Económicos e Sociais do seu estudo sobre a Estratexia Atlántica “Por unha estratexia operativa e eficiente”, que se celebrou onte na sede do Comité Económico e Social Europeo (CESE) en Bruselas. Coa presencia de distintas personalidades de Galicia que traballan en Europa, de membros da Comisión Europea e do CESE, o acto serviu para afondar no contido das principais conclusións do estudo. Cabe destacar a grande acollida que tivo o informe entre os representantes da Comisión presentes na xornada.
 09/09/2015  

Aprobado o ditame sobre o anteproxecto de Lei da economía social de Galicia

CES Galicia - Ditame sobre o anteproxecto de lei de economía social de Galicia O Pleno do CES aprobou por unanimidade, na súa sesión do 7 de setembro, o ditame sobre o anteproxecto de Lei da economía social de Galicia
 30/07/2015  

Comparecencia da secretaria xeral de Urbanismo para explicar a nova Lei do solo

CES Galicia - Ditame Lei do solo
Comeza  o proceso de elaboración do ditame sobre a nova normativa urbanística

O CES está xa a traballar na elaboración do ditame sobre o anteproxecto de Lei do solo de Galicia, que lle foi solicitado hai uns días. Co fin de afondar no contido da nova normativa, a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Rivas, compareceu diante do Pleno do CES para explicar as liñas xerais, a filosofía e os obxectivos máis salientables do anteproxecto de Lei.
 

Páxinas