29/04/2014
Colaboración entre o CES e o IDEGA
A complicada situación laboral da xuventude galega será o tema dunha xornada de estudio, análise e reflexión que celebrará o Consello Económico e Social de Galicia o vindeiro 14 de maio. Organizada en colaboración co Insituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC, a xornada leva por título “Situación actual e perspectivas laborais da xuventude galega” e contará coa participación de expertos da institución universitaria, centros de estudos e con representantes das organizacións membros do CES.
Xornada de análise sobre o desemprego na xuventude galega

Colaboración entre o CES e o IDEGA
A complicada situación laboral da xuventude galega será o tema dunha xornada de estudio, análise e reflexión que celebrará o Consello Económico e Social de Galicia o vindeiro 14 de maio. Organizada en colaboración co Insituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC, a xornada leva por título “Situación actual e perspectivas laborais da xuventude galega” e contará coa participación de expertos da institución universitaria, centros de estudos e con representantes das organizacións membros do CES.
06/03/2014
O CES comezou o proceso de actualización dos informes territoriais que ven desenvolvendo este organismo consultivo desde a súa creación. Logo de ter estudiado toda a xeografía galega a través de dez informes ao longo destes anos, o último traballo sobre a área de Vigo, recentemente presentado, marcou o final dun ciclo e o inicio dunha segunda fase nunha doble vertiente: o seguemento das actuacións propostas nese estudio e a actualización de traballos anteriores. A Comisión sectorial nº 3, Desenvolvemento territorial, xa escomezou coas reunións preliminares para a redacción dun novo informe.
O CES comenza a actualización dos seus informes territoriais

26/11/2013
O Pleno do CES aprobou por unanimidade, na súa sesión do pasado 15 de novembro, o ditame sobre o anteproxecto de Lei de accesibilidade. O ditame foi tramitado polo trámite de urxencia e recolle diversas consideracións consensuadas polos membros.
Aprobado o ditame sobre o anteproxecto de Lei de accesibilidade

O Pleno do CES aprobou por unanimidade, na súa sesión do pasado 15 de novembro, o ditame sobre o anteproxecto de Lei de accesibilidade. O ditame foi tramitado polo trámite de urxencia e recolle diversas consideracións consensuadas polos membros.
06/11/2013
Uns presupostos de continuidade.
Corina Porro defendeu un orzamento moi similar ao deste ano, malia unha rebaixa do 1,23%, e lembrou que será necesario mellorar a dotación económica para o funcionamento do Consello en vindeiros exercicios, cando a situación sexa máis favorable.
A presidenta presenta o orzamento para 2014 en comisión parlamentaria

Corina Porro defendeu un orzamento moi similar ao deste ano, malia unha rebaixa do 1,23%, e lembrou que será necesario mellorar a dotación económica para o funcionamento do Consello en vindeiros exercicios, cando a situación sexa máis favorable.
22/10/2013
Corina Porro expuxo algunhas das propostas do organismo para o territorio
Vigo e a súa área de influencia son os protagonistas do último informe aprobado polo Consello Económico e Social de Galicia. O documento foi presentado pola presidenta do organismo consultivo, Corina Porro, nun acto informativo que se celebrou hoxe mércores, 23 de outubro, ás 11:00 horas, no Museo do Mar de Galicia (Vigo).
Unha detallada análise de datos estatísticos da realidade socioeconómica dos concellos que forman a área, vertebrada arredor da ría como elemento dinamizador e de identidade, complétase cun estudio máis cualitativo, valorativo, con opinións cualificadas de distintos axentes socioeconómicos. O estudio estratéxico, coa súa análise de debilidades, amenazas, fortalezas e oportunidades, conclúe cunha serie de directrices e, sobre todo, de propostas de futuro para este territorio.
O Consello Económico e Social de Galicia presenta un informe sobre Vigo e a súa área de influencia

Vigo e a súa área de influencia son os protagonistas do último informe aprobado polo Consello Económico e Social de Galicia. O documento foi presentado pola presidenta do organismo consultivo, Corina Porro, nun acto informativo que se celebrou hoxe mércores, 23 de outubro, ás 11:00 horas, no Museo do Mar de Galicia (Vigo).
Unha detallada análise de datos estatísticos da realidade socioeconómica dos concellos que forman a área, vertebrada arredor da ría como elemento dinamizador e de identidade, complétase cun estudio máis cualitativo, valorativo, con opinións cualificadas de distintos axentes socioeconómicos. O estudio estratéxico, coa súa análise de debilidades, amenazas, fortalezas e oportunidades, conclúe cunha serie de directrices e, sobre todo, de propostas de futuro para este territorio.
29/07/2013
O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia, reunido o pasado día 11 de xullo, aprobou a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2012 e o Ditame 5/2013 sobre o anteproxecto de Lei do emprendemento e da competividade económica de Galicia.
O CES aproba a súa Memoria 2012 e o Ditame sobre a Lei de emprendemento

O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia, reunido o pasado día 11 de xullo, aprobou a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2012 e o Ditame 5/2013 sobre o anteproxecto de Lei do emprendemento e da competividade económica de Galicia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- seguinte ›
- última »