inicio - Novas
 08/04/2016  

Principio de acordo de colaboración transfronteiriza co CES de Portugal

O Consello Económico e Social de Galicia, xunto con representantes dos outros CES autonómicos españois das comunidades que comparten fronteira con Portugal, participou en Lisboa nun encontro con responsables do CES luso o pasado martes.

 15/02/2016  

Unha ollada multidimensional ao sector lácteo, novo número da serie "cadernos"

sector lácteo Nos últimos meses, o sector lácteo tivo notable protagonismo nos medios de comunicación, con mobilizacións diversas, principios de acordo e novas espectativas.
 21/01/2016  

Un monográfico sobre a pobreza e a exclusión social abre unha nova etapa da serie "cadernos"

portada caderno pobreza

O Consello Económico e Social recupera a serie •c•a•d•e•r•n•o•s• cun número monográfico adicado á loita contra a pobreza e a exclusión social.

 21/01/2016  

Un estudio sobre os efectos do turismo nunha economía rexional gaña a segunda edición do premio Valentín Paz Andrade

De esquerda a dereita, Corina Porro, Álvaro García, Diego Conde, Melchor Fernández, Juan Viaño, José Montes, Fernández Leiceaga e González Laxe (Foto: SERVIMAV-USC)

Recoñecemento do CES, en colaboración co Idega da USC, aos traballos de investigación en economía de Galicia

O estudio titulado ‘Tourism and income distribution: evidence from a developed regional economy’ foi o gañador da segunda edición do Premio de Investigación en Economía de Galicia Valentín Paz Andrade, convocado polo CES-Galicia e o Idega da USC.

 20/11/2015  

Santiago, referente dos Consellos Económicos e Sociais atlánticos

presidente RTA Representantes dos consellos económicos e sociais do arco atlántico europeo, agrupados na Rede Transnacional Atlántica (RTA), reuníronse en Santiago, na sede do CES de Galicia, para celebrar unha sesión do seu órgano de goberno. O comité executivo da RTA, presidido polo representante do CESER da rexión gala de Poitou-Charentes, Michel Hortolan, plantexou o programa de actuacións da organización destes organismos consultivos para o vindeiro ano.
 19/11/2015  

Conferencia sobre a Rede Transnacional Atlántica

Arantza López de Munain fala da RTA no CES-Galicia A xénese histórica, a filosofía, o modo de funcionamento, os distintos traballos abordados, a labor actual e os plans de futuro da Rede Transnacional Atlántica (RTA) de consellos económicos e sociais. Todos estes aspectos foron abordados nunha conferencia dirixida aos membros do CES-Galicia pola responsable técnico do CES vasco nesa organización, Arantza López de Munain, celebrada na sede deste organismo. A ponencia foi introducida polo presidente do CES vasco, Francisco José Huidobro.

Páxinas