16/05/2015
A páxina web do Consello Económico e Social ven de enriquecerse cunha nova iniciativa. Xa está dispoñible para a súa consulta a folla de conxuntura Galicia en datos, unha nova sección da web que inclúe algúns dos indicadores estatísticos máis relevantes da vida económica de Galicia, como produto interior bruto, consumo, importacións e exportacións ou emprego, entre outros.
Presentada a nova folla de conxuntura Galicia en datos

20/02/2015
O organismo consultivo sinala a necesidade de definir instrumentos de sensibilización e mobilización
Malia a tradicional vinculación da actividade económica e social das rexións atlánticas europeas co mar, unha boa parte dos sectores que forman a economía marítima destas rexións non coñece ben a Estratexia Marítima Atlántica, o instrumento comunitario de colaboración e financiamento neste eido. Esta é unha das conclusións do estudio que ven de elaborar a organización dos consellos económicos e sociais das rexións atlánticas (Red Transnacional Atlántica) a través de enquisas a os distintos actores e operadores –empresas, organizacións, investigadores, administracións…– dos diferentes territorios.
No caso de Galicia, as respostas ao cuestionario distribuido polo CES amosan que o grao de coñecemento que se ten da estratexia é desigual. Mentres que os centros de investigación e mailos clusters e asociacións de grandes industrias do sector pesqueiro si coñecen e valoran a estrategia e as súas posibilidades, en particular en forma de colaboración suprarrexional, os actores englobados en sectores con empresas de dimensiones máis reducidas apenas a coñecen e ademáis carecen da estructura necesaria para presentar proxectos a nivel europeo.
Un estudio do CES detecta que os sectores implicados non coñecen ben a Estratexia Marítima Atlántica europea

13/02/2015
O estudio será aprobado polo Comité de Orientacións da rede, que se reunirá en Nantes a vindeira semana
O Grupo de Traballo da Rede Transnacional Atlántica (RTA), que agrupa aos consellos económicos e sociais da fachada atlántica europea, ven de rematar o documento sobre “Condicións para a efectiva realización práctica da Estratexia Marítima Atlántica: apropiación, implementación e papel da sociedade civil”, un estudio sobre o grao de coñecemento que teñen os actores ou operadores da economía marítima atlántica, os destinatarios deste estratexia, sobre a mesma. A estratexia marítima atlántica é o instrumento que artella as políticas comunitarias nesteeido territorial e sectorial para os vindeiros anos.
Elaborado a través de enquisas dirixidas aos sectores directamente implicados en cada unha das rexións representadas na RTA, o estudio valorou o coñecemento da estratexia nos distintos territorios e fixounha reflexión sobre os instrumentos de sensibilización e mobilización dos actores da sociedade civil directamente implicados no seu desenvolvemento.
Remata o traballo da RTA sobre o papel da sociedade civil na realización da Estratexia Marítima Atlántica

17/12/2014
Cunha nutrida participación se celebrou o pasado día 5 nas instalacións do CES a xornada do Idega “O futuro do sector lácteo galego nun horizonte sen cotas”.
Nutrida participación e interese na xornada sobre o futuro do sector lácteo

Cunha nutrida participación se celebrou o pasado día 5 nas instalacións do CES a xornada do Idega “O futuro do sector lácteo galego nun horizonte sen cotas”.
17/11/2014
O galardón, concedido polo Idega e o CES para traballos sobre economía de Galicia, será entregrado o vindeiro 16 de decembro
O informe titulado«Estudio de la causalidad de los incendios forestales en Galicia », dos autores Jesús Barreal, María L. Loureiro y Juan Picos, foi galardoado co premio de investigación en economía de Galicia “Valentín Paz Andrade” 2014, convocado conxuntamente polo CES e o Idega. O acto formal de entrega da distinción terá lugar o vindeiro 16 de decembro en Santiago de Compostela.
Elixido entre preto dunha trintena de participantes, o traballo seleccionado, que foi publicado na revista “Economía agraria e recursos naturais” (vol. 12 nº 1, 2012), analiza a problemática dos lumes forestais dun xeito global, afondando tanto nos aspectos ambientais como nos socioeconómicos.
Un estudio sobre incendios forestais, premio de investigación “Valentín Paz Andrade” 2014

O galardón, concedido polo Idega e o CES para traballos sobre economía de Galicia, será entregrado o vindeiro 16 de decembro
O informe titulado«Estudio de la causalidad de los incendios forestales en Galicia », dos autores Jesús Barreal, María L. Loureiro y Juan Picos, foi galardoado co premio de investigación en economía de Galicia “Valentín Paz Andrade” 2014, convocado conxuntamente polo CES e o Idega. O acto formal de entrega da distinción terá lugar o vindeiro 16 de decembro en Santiago de Compostela.
Elixido entre preto dunha trintena de participantes, o traballo seleccionado, que foi publicado na revista “Economía agraria e recursos naturais” (vol. 12 nº 1, 2012), analiza a problemática dos lumes forestais dun xeito global, afondando tanto nos aspectos ambientais como nos socioeconómicos.
11/11/2014
A desaparición do sistema de cotas de produción vixente nos últimos anos coloca ao sector lácteo diante dun novoesceario que amosa numerosas incertidumes. Analizar a situación que se presenta, os seus retos e as actuacións prioritarios para abordala son os obxectivos da xornada do Idega “O futuro do sector lácteo galego nun horizonte sen cotas”, que se celebrará nas instalacións do Consello Económico e Social de Galicia o vindeiro 5 de decembro.
Investigadores, gandeiros e membros das organizacións agrarias,empresarios do sector e representantes da Administración danse cita para estudiar polo miúdo a situación actual do sector lácteo galego e, principalmente, os retos que ten que enfrontar ante a desaparición das cotas, cal pode ser o futuro da industria láctea de Galicia nun mercado liberalizado e os mecanismos de adaptación que deberá asumir
O futuro do sector lácteo galego, nunha xornada do Idega

Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- seguinte ›
- última »