inicio - Novas
 09/09/2015  

Aprobado o ditame sobre o anteproxecto de Lei da economía social de Galicia

CES Galicia - Ditame sobre o anteproxecto de lei de economía social de Galicia O Pleno do CES aprobou por unanimidade, na súa sesión do 7 de setembro, o ditame sobre o anteproxecto de Lei da economía social de Galicia
 30/07/2015  

Comparecencia da secretaria xeral de Urbanismo para explicar a nova Lei do solo

CES Galicia - Ditame Lei do solo
Comeza  o proceso de elaboración do ditame sobre a nova normativa urbanística

O CES está xa a traballar na elaboración do ditame sobre o anteproxecto de Lei do solo de Galicia, que lle foi solicitado hai uns días. Co fin de afondar no contido da nova normativa, a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Rivas, compareceu diante do Pleno do CES para explicar as liñas xerais, a filosofía e os obxectivos máis salientables do anteproxecto de Lei.
 

 15/07/2015  

O CES asina un convenio de colaboración coa Universidade da Coruña

CES Galicia-convenio coa Universidade da Coruña
O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, e a presidenta do Consello Económico e Social (CES) de Galicia, Corina Porro, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades, que servirá para profundizar a súa relación nos eidos académico, científico e consultivo.

O acordo, ademais de propiciar a relación entre os docentes e os investigadores co CES, permitirá que os alumnos da Facultade de Economía e Empresa realicen prácticas curriculares no órgano consultivo da Xunta de Galicia.

A presidenta do CES amosou a súa satisfacción por este convenio, que permitirá mellorar o coñecemento aportado polos traballos do organismo e que facilitará que os estudantes colaboren nos futuros informes e Memorias realizadas no Consello Económico e Social.
 09/07/2015  

O CES presenta a súa Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2014

CES Galicia - Presentacion Memoria 2014 “Foi o primeiro ano de crecemento desde 2008, pero aínda quedan moitos desequilibrios que enfrontar”

A economía galega medrou o ano pasado por primeira vez desde o 2008, pero, malia o dato positivo que supón este crecemento, “aínda queda un gran percorrido por diante para enfrontarnos aos desequilibrios económicos e sociais xerados pola crise”. Así o salientou a presidenta do CES, Corina Porro, na presentación da Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2014, que foi aprobada polo Pleno do organismo o pasado 6 de xullo.

Na súa intervención, a presidenta insistiu no valor engadido que supón o consenso con que se elabora a Memoria e reclamou que este traballo e as súas consideracións non sexa ignorado. “Queremos que se utilice, que non quede perdido nalgún caixón. Entendemos que as aportacións do CES reflicten de xeito fidedigno o sentir colectivo das galegas e galegos”, rematou.
 22/06/2015  

“Na loita contra da exclusión social cómpre ir ás causas e non só ás consecuencias”

CES Galicia - xornada sobre a pobreza
A presidenta do CES reclama compromiso político e un papel activo da sociedade para combatir a pobreza.

Catro ideas principais serviron á presidenta do CES, Corina Porro, para resumir as conclusión sacadadas polos expertos reunidos na xornada “A pobreza e a exclusión social”, unha sesión que despertou un notable interese entre os distintos colectivos que están a traballar diariamente para axudar a aqueles que se atopan nunha situación desfavorecida.
 
En presencia da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que clausurou as xornadas, a presidenta salientou a necesidade de que nos procesos de risco de exclusión social a loita se dirixa principalmente ás causas que provocan estas situacións e non unicamenteás consecuencias, aínda que estas sexan máis visibles. Tamén constatou a necesidade de máis compromiso político, de afondar nas políticas públicas de inclusión para dar saída a realidades que moitas veces resultan dramáticas. E lembrou que, como comentaron varios dos conferenciantes da xornada, que é necesario que as distintas administracións acaden cauces de coordenación para facer a loita máis efectiva. E, como remate e destacando o papel que poden xogar entidades como o Consello, Porro reivindicou que se conceda máis peso á sociedade civil nos procesos de toma de decisións.
 18/05/2015  

Xornada sobre a pobreza e a exclusión social, en xuño

CES Galicia - Xornada sobre a pobreza
A problemática da pobreza e a exclusión social que adoita levar emparellada protagonizará a nova xornada de estudio e reflexión que organiza o CES en colaboración co Idega, prevista para o vindeiro día 10 de xuño.

Como ven sendo habitual, o formato da xornada constará de dúas ponencias, unha sobre aspectos xerais e outra máis concreta, seguidas dunha mesa redonda na que participarán colectivos que traballan sobre o terreo, representantes da Administración e os membros das organizacións do Consello.
inscrición nas Xornadas

Páxinas