21/01/2016
Un monográfico sobre a pobreza e a exclusión social abre unha nova etapa da serie "cadernos"

O Consello Económico e Social recupera a serie
21/01/2016
Un estudio sobre os efectos do turismo nunha economía rexional gaña a segunda edición do premio Valentín Paz Andrade

Recoñecemento do CES, en colaboración co Idega da USC, aos traballos de investigación en economía de Galicia
O estudio titulado ‘Tourism and income distribution: evidence from a developed regional economy’ foi o gañador da segunda edición do Premio de Investigación en Economía de Galicia Valentín Paz Andrade, convocado polo CES-Galicia e o Idega da USC.
20/11/2015
Representantes dos consellos económicos e sociais do arco atlántico europeo, agrupados na Rede Transnacional Atlántica (RTA), reuníronse en Santiago, na sede do CES de Galicia, para celebrar unha sesión do seu órgano de goberno. O comité executivo da RTA, presidido polo representante do CESER da rexión gala de Poitou-Charentes, Michel Hortolan, plantexou o programa de actuacións da organización destes organismos consultivos para o vindeiro ano.
Santiago, referente dos Consellos Económicos e Sociais atlánticos

19/11/2015
A xénese histórica, a filosofía, o modo de funcionamento, os distintos traballos abordados, a labor actual e os plans de futuro da Rede Transnacional Atlántica (RTA) de consellos económicos e sociais. Todos estes aspectos foron abordados nunha conferencia dirixida aos membros do CES-Galicia pola responsable técnico do CES vasco nesa organización, Arantza López de Munain, celebrada na sede deste organismo. A ponencia foi introducida polo presidente do CES vasco, Francisco José Huidobro.
Conferencia sobre a Rede Transnacional Atlántica

28/09/2015
O Pleno do Consello Económico e Social aprobou, na súa sesión 4/15, o ditame sobre o anteproxecto de Lei do solo de Galicia.
Acceda ao documento neste enlace
O CES aproba o ditame sobre o anteproxecto de Lei do solo de Galicia

O Pleno do Consello Económico e Social aprobou, na súa sesión 4/15, o ditame sobre o anteproxecto de Lei do solo de Galicia.
Acceda ao documento neste enlace
10/09/2015
Gran acollida do informe entre os representantes da Comisión Europea
Poner en común e facer públicas diante das institucións europeas as conclusións e propostas do seu informe. Este foi o obxectivo da presentación levada a cabo pola Red Transnacional Atlántica (RTA) de Consellos Económicos e Sociais do seu estudo sobre a Estratexia Atlántica “Por unha estratexia operativa e eficiente”, que se celebrou onte na sede do Comité Económico e Social Europeo (CESE) en Bruselas. Coa presencia de distintas personalidades de Galicia que traballan en Europa, de membros da Comisión Europea e do CESE, o acto serviu para afondar no contido das principais conclusións do estudo. Cabe destacar a grande acollida que tivo o informe entre os representantes da Comisión presentes na xornada.
Presentado en Bruselas o estudo dos CES sobre a Estratexia Atlántica

Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- …
- seguinte ›
- última »