11/11/2014
A desaparición do sistema de cotas de produción vixente nos últimos anos coloca ao sector lácteo diante dun novoesceario que amosa numerosas incertidumes. Analizar a situación que se presenta, os seus retos e as actuacións prioritarios para abordala son os obxectivos da xornada do Idega “O futuro do sector lácteo galego nun horizonte sen cotas”, que se celebrará nas instalacións do Consello Económico e Social de Galicia o vindeiro 5 de decembro.
Investigadores, gandeiros e membros das organizacións agrarias,empresarios do sector e representantes da Administración danse cita para estudiar polo miúdo a situación actual do sector lácteo galego e, principalmente, os retos que ten que enfrontar ante a desaparición das cotas, cal pode ser o futuro da industria láctea de Galicia nun mercado liberalizado e os mecanismos de adaptación que deberá asumir
O futuro do sector lácteo galego, nunha xornada do Idega

12/09/2014
O Pleno do CES aprobou, na sea sesión do 4 de setembro, o seu ditame sobre o anteproxecto de Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia
Aprobado o ditame sobre mellora da estrutura agraria de Galicia

O Pleno do CES aprobou, na sea sesión do 4 de setembro, o seu ditame sobre o anteproxecto de Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia
22/07/2014
O Consello Económico e Social presentou a súa Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2013, aprobada polo Pleno na súa sesión do pasado 15 de xullo. A presentación tivo lugar nunha rolda de prensa a cargo da presidenta do organismo consultivo na súa sede compostelana. Corina Porro explicou como, logo dun interesante esforzo de consenso por parte dos membros do Pleno, o documento volveu ser aprobado, como é habitual, por unanimidade.
Na súa intervención, a presidente explicou a estrutura da Memoria e salientou algunhas das súas consideracións máis destacadas e insistiu no valor engadido de seren consensuadas polas distintas organizacións, entidades e asociaciacións presentes no Pleno do organismo. Estas consideracións resumen, dun xeito claro, cal foi a realidade de Galicia no ano pasado e, tamén, cómo ven os actores económicos e sociais esa realidade.
A presentación contou tamén coa presencia da presidenta por turno da Comisión Sectorial que redactou o traballo, Marta Amate, quen salientou tamén o esforzo de todos os membros da mesma por achegar posturas e consensuar ás súas consideracións.
O texto completo da Memoria pode consultarse aquí.
O CES presenta a súa Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2013

01/07/2014
Sevilla foi o escenario do encontro anual dos Consellos Económicos e Sociais autonómicos 2014 no que, un ano máis, estivo presente o CES de Galicia. Con estas reunións anuais, estes organismos consultivos intercambian experiencias, coordinan actuacións e buscar aproveitar as sinerxías para acadar unha maior efectividade nas súas funcións. Nesta ocasión, o CES de Andalucía foi o encargado de organizar o encontro.
Nas reunións, que se celebraron os días 26 e 27 de xuño na Casa de la Provincia, o CES de Galicia estivo representado pola súa presidenta e máis o secretario xeral. O encontro foi inaugurado polo presidente do CES de Andalucía, Ángel Gallego, e o presidente da Deputación de Sevilla, Fernando Rodríguez.
Galicia participa no encontro anual dos CES autonómicos 2014, celebrado en Sevilla

Sevilla foi o escenario do encontro anual dos Consellos Económicos e Sociais autonómicos 2014 no que, un ano máis, estivo presente o CES de Galicia. Con estas reunións anuais, estes organismos consultivos intercambian experiencias, coordinan actuacións e buscar aproveitar as sinerxías para acadar unha maior efectividade nas súas funcións. Nesta ocasión, o CES de Andalucía foi o encargado de organizar o encontro.
Nas reunións, que se celebraron os días 26 e 27 de xuño na Casa de la Provincia, o CES de Galicia estivo representado pola súa presidenta e máis o secretario xeral. O encontro foi inaugurado polo presidente do CES de Andalucía, Ángel Gallego, e o presidente da Deputación de Sevilla, Fernando Rodríguez.
22/05/2014
Representantes dos axentes económicos e sociais membros do CES presentaron as súas propostas para combatir o desemprego xuvenil, un dos graves problemas que ten Galicia, na mesa redonda coa que rematou a xornada Situación actual e perspectivas laborais da xuventude galega, organizada por este organismo consultivo en colaboración co Instituto de estudos e desenvolvemento de Galicia (Idega).
Intervencións:
Os axentes socioeconómicos presentan as súas propostas para loitar contra o desemprego xuvenil

Representantes dos axentes económicos e sociais membros do CES presentaron as súas propostas para combatir o desemprego xuvenil, un dos graves problemas que ten Galicia, na mesa redonda coa que rematou a xornada Situación actual e perspectivas laborais da xuventude galega, organizada por este organismo consultivo en colaboración co Instituto de estudos e desenvolvemento de Galicia (Idega).
Intervencións:
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- seguinte ›
- última »