inicio - Novas
 02/01/2019  

O sector da economía social intégrase no Pleno do CES

economía social

Recentemente, ven de publicarse no DOG (nº 247, do venres 28 de decembro de 2018), no marco da Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, unha modificación da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia que afecta ao artigo 7, relativo á composición do organismo e á forma de des

 19/12/2018  

4ª Sesión do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica

O 19 de decembro celebrouse no Salón de plenos do Consello Económico e Social de Galicia a 4ª Sesión do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, na que se presentou e aprobou por unanimidade a segunda parte do Informe Galicia: perspectivas demográficas: Análise DAFO e CAME.
 15/11/2018  

A RTA amosa a súa experiencia de cooperación transnacional e interrexional no congreso Business2SEA de Oporto

Fórum mar Oporto

A Rede Transnacional Atlántica (RTA), organización que agrupa aos Consellos Económicos e Sociais da fachada atlántica europea, participou no Fórum do Mar 2018 Business2SEA, que se celebrou na cidade portuguesa de Oporto, para amosar a súa experiencia en cooperación interrexional e transfronteiriza.

 15/11/2018  

Xornada internacional sobre "O impacto socioeconómico do turismo en Galicia"

peregrino no camiño portugués Analizar polo miúdo o impacto socioeconómico do turismo en Galicia é o obxectivo da xornada que celebrará o Consello Económico e Social en Santiago de Compostela o vindeiro día 22 de novembro. Organizada en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia e enmarcada no protocolo de colaboración asinado polo CES cos seus homólogos fronteirizos con Portugal, o evento tenta amosar as distintas facianas dunha actividade de singular importancia na economía e o emprego, en particular nalgunhas zonas.
 29/10/2018  

O CES-Galicia asina cos seus homólogos de Castela e León, Estremadura e Andalucía un protocolo para colaborar no desenvolvemento do oeste peninsular

<a href="http://www.freepik.com">Designed by fanjianhua / Freepik</a>

Os organismos consultivos apoian o Corredor Atlántico e a relación transfronteriza con Portugal

O Consello Económico e Social de Galicia ven de asinar cos seus homólogos de Castela e León, Estremadura e Andalucía un protocolo de colaboración e relacións institucionais que, entre outros asuntos, permitirá un traballo conxunto en defensa de obxectivos e retos comúns. Nun acto celebrado hoxe en Salamanca, os organismos consultivos comprometéronse a desenvolver actuacións conxuntas que axuden á defensa do tecido socioeconómico do oeste peninsular.

 17/10/2018  

Un documento oportuno e necesario

presentación brexit

Presentación do informe sobre o Brexit

Un documento oportuno e necesario. Con estas dúas sinxelas palabras quixo resumir o documento Análise económica do grao de exposición da economía de Galicia ante o Brexit. Principais consideracións o coordinador do traballo, o profesor Fernando González Laxe, durante a presentación do informe na sede do CES, nun acto celebrado hoxe.

Páxinas