inicio - Novas
 02/07/2021  

O CES e o Colexio de Enxeñería en Informática colaborarán para que Galicia sexa máis dixital

Hernández e Suárez

Ambas entidades organizarán cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación, editarán libros, publicacións e documentos de traballo e promoverán a actividade investigadora

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e o Consello Económico e Social (CES-Galicia) asinaron hoxe un convenio para o establecemento dun marco de colaboración entre ambas entidades que permita que Galicia sexa máis dixital. O acordo, que se selou na sede do Consello en Santiago, foi rubricado polos presidentes de ambas institucións, Fernando Suárez do CPEIG e Agustín Hernández do CES- Galicia.

A colaboración, con vixencia dun ano, permitirá a realización conxunta de cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación, a edición conxunta de libros, outras publicacións e documentos de traballo e promoverá a actividade investigadora de ambas as dúas institucións mediante proxectos compartidos.

Na imaxe, Agustín Hernández e Fernando Suárez, na sede do CES.

 21/06/2021  

Comeza a elaboración do ditame sobre o anteproxecto de Lei reguladora dos xogos de Galicia

CS-1, xogo

A Comisión sectorial nº 1, Economía, emprego e sectores produtivos, xa está a traballar na redacción da proposta de ditame sobre o anteproxecto de Lei reguladora dos xogos de Galicia, solicitado polo procedemento de urxencia. Nunha primeira sesión, os membros puxeron en común as aportacións das distintas organizacións.

 14/06/2021  

O Consello Económico e Social entrega ao presidente do Parlamento a proposta dos CES atlánticos europeos para a revisión da rede transeuropea de transportes

parlamento

• O organismo consultivo destaca 8 prioridades elaboradas en colaboración cos seus socios españois e franceses na Rede Transnacional Atlántica

• Os CES atlánticos resaltan a importancia do cumprimento dos prazos de finalización das redes básica (2030) e global (2050)

O presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Agustín Hernández, entregou esta mañá ao titular do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Veira, o informe “Cara a unha revisión da TEN- T para o espazo atlántico”, un documento que recolle as propostas e prioridades xerais deste organismo consultivo e os seus socios da Rede Transnacional Atlántica (RTA) para as futuras orientacións da Rede Transeuropea de Transportes (TEN- T).

 09/06/2021  

O CES presenta o seu informe sobre a empregabilidade da mocidade en Galicia

presentación informe emprego xuvenil

Temporalidade, precariedade, subemprego... a situación laboral dos máis novos no mercado de traballo, que xa era complicada, empeorou primeiro coa gran crise de 2008 e, recentemente, coa covid-19.

 07/06/2021  

Declaración institucional: O Consello Económico e Social de Galicia e os dereitos lingüísticos

lingua galega

O Consello Económico e Social de Galicia aproba unha declaración institucional en apoio do emprego da língua galega no funcionamento cotiá da institución, así como en todos os ámbitos da vida social e económica..

 03/06/2021  

A Comisión sectorial nº 4 remata a análise dos cinco capítulos da Memoria 2020 e traballa xa nas consideracións

CS4

Coa súa sesión de hoxe, a Comisión sectorial nº 4 deu por rematada a primeira análise dos cinco capítulos nos que se divide a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2020. A partires de agora, os membros centraran o seu traballo na elaboración das consideracións do documento.

Páxinas