inicio - Novas
 21/09/2021  

O presidente do CES-Galicia participa no acto conmemorativo do 30º aniversario do CES de España

Con Felipe VI

O presidente do CES-Galicia participou, xunto aos seus homólogos dos outros Consellos autonómicos e diversos invitados, na xornada de celebración do 30º aniversario da creación do Consello Económico e Social de España. Representantes institucionais e axentes económicos o sociais participaron nun acto presidido polo Rei Felipe VI, que salientou a importancia do organismo como "fogar de consenso e diálogo".

Para esta tarde está prevista unha reunión das presidentas e presidentes dos CES para o intercambio de experiencias sobre a actividade e o papel dos Consellos na sociedade.

Na imaxe, os responsables dos CES posan ao remate do acto con Felipe VI e a ministra de Trabajo y Economía Social, Yolanda Díaz.

 21/09/2021  

O Consello toma parte no proceso participativo para a elaboración do Plan Estratégico da PAC 2023-2027

PAC

O Consello Económico e Social de Galicia asistíu hoxe a unha xornada virtual con outros interlocutores da sociedade civil como parte dos traballos de elaboración do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PAC) 2023-2027, organizada polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Estes traballos previos baséanse na transparencia dos procedimientos e na participación efectiva dos estamentos interesados.

O obxectivo da xornada foi informar e facer partícipes ás entidades e asociacións interesadas dos traballos realizados ata o momento na principal plataforma de difusión da política agraria nacional.

 21/09/2021  

Acto conmemorativo do 30º aniversario do CES de España, en directo

No día de hoxe, o Consejo Económico y Social de España celebra unha xornada conmemorativa presidida por Su Majestad EL REY co gallo do 30º aniversario da súa creación. Pode seguir o evento en directo, a partir das doce da mañá, copiando no seu navegador a seguinte ligazón:

https://www.youtube.com/watch?v=5tPRxPGdyp0

 17/09/2021  

Reunión telemática preparatoria do Comité de Orientacións da RTA

previa RTA Mérida Os CES españois que fan parte da Rede Transnacional Atlántica (RTA) mantiveron unha reunión a través de videoconferencia –na imaxe, un momento da xuntanza– para preparar a vindeira sesión do Comité de Orientacións da organización. Nese encontro, que se celebrará na cidade de Mérida o vindeiro 28 de setembro, está prevista a elección dunha nova directiva –presidencia e dúas vicepresidencias– da Rede.
 15/09/2021  

Convocada a VIII edición do Premio Valentín Paz Andrade de investigación en economía de Galicia

investigación económica

O CES e o IDEGA da USC convocan unha nova edición do Premio Valentín Paz Andrade de investigación en economía de Galicia. Desde o 15 de setembro e ata o o 30 de outubro de 2021 , calquera profesor, investigador ou institución pode facer chegar á secretaría do IDEGA a súa proposta de candidatura ao premio, con indicación de autoría, título e información de edición, engadindo unha copia en papel e indicación dun mecanismo de acceso electrónico ao recurso (ou copia en soporte USB).

 09/09/2021  

A directora da Axencia Galega de Innovación explica no CES os avances da Estratexia de Especialización Intelixente 2021-2027

imagen comparecencia GAIN

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, compareceu no CES, nunha sesión da Comisión sectorial nº 1, para presentar os avances realizados na Estratexia de Especialización Inteligente 2021-2027 en canto ao proceso participativo seguido, os resultados da diagnose e a base estratéxica preliminar (misión, visión, prioridades e obxectivos estratéxicos).

Páxinas