inicio - Novas
 03/03/2022  

O CES participa na xuntanza sobre os avances na programación do PO FSE+ Galicia 2021-2027

reunión FSE

O CES participo hoxe nunha xuntanza telemática sobre os avances na programación do Programa Operativo do FSE+ Galicia 2021-2027. O obxectivo da reunión foi presentar aos socios do programa as principais liñas de actuación que figuran na proposta actual do programa operativo relativas a Emprego, formación e educación así como en Inclusión social , e para elo participaron na mesma representantes da Comisión Europea, os xestores de FSE+ da Xunta de Galicia e do Ministerio de Traballo e Economía Social.

 02/03/2022  

O impacto do Camiño de Santiago a nivel local e a eficiencia dos Centros Especiais de Emprego, investigacións premiadas co Valentín Paz Andrade

VIII Valentín Paz Andrade

Acto de entrega destes galardóns sobre investigación en economía de Galicia que outorgan o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC e o Consello Económico e Social de Galicia (CES)

O estudo da percepción que os residentes dos concellos galegos teñen do Camiño de Santiago, así como a análise da eficiencia dos Centros Especiais de Emprego en Galicia conforman as dúas investigacións galardoadas na oitava edición do Premio de Investigación en Economía de Galicia Valentín Paz Andrade que outorgan o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC e o Consello Económico e Social de Galicia (CES). O acto de entrega que tivo lugar hoxe no Colexio San Xerome estivo presidido polo reitor Antonio López e contou coa presenza da directora do IDEGA, María Dolores Riveiro García; e do presidente do CES, Agustín Hernández Fernández.

 01/03/2022  

Cambio climático e transición enerxética protagonizan unha nova xornada do CES

xornada cambio climático

O encontro celebrarase o vindeiro 11 de marzo e poderá seguirse en directo vía streaming

As ameazas do cambio climático e o actual proceso de transición enerxética no que están inmersos os nosos sistemas produtivos serán os protagonistas dunha nova xornada do CES, que se celebrará o vindeiro 11 de marzo. As intervencións dos distintos expertos que abordarán os diferentes aspectos destes asuntos desde a sede do Consello poderán seguirse en directo vía streaming a través da nosa canle de YouTube.

Coa idea de aportar reflexións globais sobre esa problemática e as súas múltiples facianas, o CES vai reunir a representantes da Administración (para falar da planificación da transición enerxética), das empresas enerxéticas e de combustibles e do sector da automoción (os novos retos do transporte sen emisións), pero tamén se contemplarán as visións dos colectivos ecoloxistas sobre a protección do medio ambiente. O encontro reservará tamén protagonismo para os representantes dos sindicatos maioritarios e as súas reflexións sobre cambio climático e emprego, que pecharán a xornada.

 21/02/2022  

Aprobado o ditame sobre o anteproxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga de Galicia

ciclo auga

O Pleno do CES aprobou na súa sesión do pasado venres o ditame sobre o anteproxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga de Galicia. Aprobado por maioria e sen votos en contra, o ditame, que valora positivamente a iniciativa normativa, recolle 11 consideracións xerais e oito consideraciós particulares ao texto. Entre outros aspectos, o Consello fala da necesidade de “adoptar una perspectiva o máis ampla posible da problemática do ciclo integral da auga”.

 18/02/2022  

O CES súmase á dor de toda Galicia polos falecidos e desaparecidos no naufraxio do buque Villa de Pitanxo en Terranova

crespón

O Pleno do Consello Económico e Social súmase a dor de Galicia polas vidas perdidas no naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo en augas de Terranova. En sesión plenaria celebrada hoxe, os membros do CES amosan a súa solidariedade e agarimo para as familias dos falecidos e os desaparecidos, aos seus amigos e achegados e a toda a xente do mar de Galicia nestes duros momentos e expresan as súas condolencias para todos eles. O Consello comparte a tristeza e o luto oficial que vive Galicia.

 15/02/2022  

As xornadas organizadas polo CES en 2021 superan as 2.700 visualizacións na canle de YouTube do organismo

xornadas YouTube

Con máis de 2.700 visualizacións ata a data, os vídeos das distintas xornadas organizadas polo CES en 2021 que se poden atopar na canle de YouTube do organismo convertéronse nun valioso medio de proxección da actividade do Consello. A través deste medio, calquera persoa interesada pode ter acceso no seu dispositivo a todo o contido –intervencións, presentacións, debates…– das actividades organizadas neste último ano: xornada sobre a dixitalización, conferencia sobre a tarifa eléctrica en España, xornada de economía social e xornada sobre o futuro do medio rural. O CES ten previsto seguir subindo contido a esta canle con novas iniciativas que está a preparar.

Páxinas