inicio - Novas
 01/06/2022  

Os CES asociados na RTA seguen a traballar en propostas sobre a nova rede transeuropea de transportes

Representantes dos Consellos Económicos e Sociais españois membros da Rede Transnacional Atlántica (RTA) e os seus homólogos franceses mantiveron unha reunión a través de videoconferencia para continuar cos traballos en relación coa rede trasneuropea de transportes. Os socios da RTA prevén elaborar un documento con aportacións dos axentes socioeconómicos sobre os cambios que analiza a Comisión Europea para a revisión do regulamento da Red Transeuropea de Transportes (RTE-T Efficient and Green Mobility).

 20/05/2022  

O CES participa no proceso de consultas dos programas operativos dos fondos europeos FSE+ e FEDER Galicia 2021-2027

fondos europeos

O CES ven de aprobar, a través da súa Comisión Permanente, unha serie de consideracións en resposta á consulta pública aberta sobre o proceso de elaboración, execución e avaliación dos programas operativos dos fondos europeos, en concreto do PO FSE+ e do PO FEDER GALICIA 2021-2027. No marco dese proceso, o Consello aportou as súas opinións sobre a súa propia participación no conxunto das actuacións (como membro dos Comités de Seguimento) e estimou, entre outras consideracións, que é prioritaria a aprobación do programas operativos no menor tempo posible.

Nun terceiro eixo, o CES considera necesario “insistir na importacia dos principios horizontais e de complementariedade, en especial na actual situación de crise social e económica” e fai fincapé en que é necesaria unha maior participación feminina nos diversos espazos do ámbito público.

Outros dos aspectos que salienta o Consello é a necesidade de avaliar do mellor xeito as medidas aprobadas e para iso propón unha mellora dos mecanismo de análise de impacto.

 09/05/2022  

O CES-Galicia súmase ao rechazo do traslado das sedes das áreas de investigación do Instituto Español de Oceanografía fóra de Galicia

apoio IEO

A Comisión Permanente aproba por unanimidade unha declaración de apoio

A través dunha declaración institucional aprobada por unanimidade pola súa Comisión Permanente, o Consello Económico e Social de Galicia “súmase á voz unánime de todo o sector do mar e do conxunto da sociedade galega” en contra da decisión gubernamental de trasladar as sedes de investigación do Instituto Español de Oceanografía (IEO) fóra de Vigo e A Coruña. Con esta iniciativa, o CES reclama unha rectificación de xeito que Galicia, pola súa indubidable importancia no sector, albergue as sedes de pesquerías e acuicultura do IEO “polo importante labor científico que os centros oceanográficos de Vigo e A Coruña veñen desesnvolvendo ao longo dos anos”.

 03/05/2022  

Colaboración con Fademga Plena inclusión Galicia para mellorar a accesibilidade da sede do CES

visita FADEMGA

Técnicos da organización FADEMGA Plena inclusión Galicia visitaron hoxe a sede do Consello Económico e Social de Galicia, en Santiago, para avaliar as condicións de accesibilidade do edificio para todas as persoas, nunha iniciativa de colaboración que busca facilitar a participación de calquera colectivo nos actos e reunións que teñen lugar no CES. A visita debe servir para establecer os cambios e posibles modificación que habería que afrontar na sede do organismo para facilitar a máxima accesibilidade das súas instalacións.

FADEMGA Plena inclusión Galicia é a Federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Na actualidade conta con 40 entidades galegas federadas que prestan servizo a 6.384 persoas con discapacidade intelectual.

Na imaxe, os representantes de FADEMGA Plena inclusión Galicia flanquean ao presidente do CES, Agustín Hernández.

 27/04/2022  

Alegacións do CES ao borrador do Plan galego contra a trata de seres humanos

CP 7/22

No marco do proceso participativo de consultas ás entidades e organismos aberto polos seus promotores, o CES presentou as súas alegacións ao borrador do Plan galego contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual 2022-2024. Nas súas observacións, o Consello valora positivamente a posta en marcha do plan, aínda que salienta que bota en falta un cronograma do mesmo e tamén a súa dotación orzamentaria ou mecanismos de avaliación dos seus resultados.

 20/04/2022  

O Pleno do CES aproba por unanimidade o ditame sobre o anteproxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia

pleno 2-22

O Pleno do CES aprobou na súa sesión de hoxe por unanimidade o ditame sobre o anteproxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia, en reunión celebrada en modo telemático. No seu pronunciamento, o Consello destaca a valoración positiva da iniciativa e entende que a ordenación das áreas empresariais é un elemento importante dentro da ordenación do territorio que merece unha lei específica.

Páxinas