inicio - Novas - Xornadas sobre a sostenibilidade fiscal e os seus desafíos

Xornadas sobre a sostenibilidade fiscal e os seus desafíos

20/10/2016

Preto de medio cento de especialistas e expertos de distintas institucións públicas e universidades participan nas xornadas "Sostenibillidad fiscal y haciendas subcentrales en España: desafíos y reformas" que, organizadas pola Red de investigadores en financiación autonómica y descentralización financiera en España (RIFDE) e o grupo GEN da Universidade de Vigo, se celebran na sala do Pleno do CES.

Durante dous días, economistas e responsables de distintos departamentos fiscales autonómicos abordaron a situación das facendas rexionais e os retos que enfrontan. Entre outras ponencias, falouse do déficit acumulado polo sector público español nos últimos vinte anos ou sobre as finanzas rexionais públicas en España desde a perspectiva da teoría de xogos. Tamén houbo ocasión de analizar os factores determinantes do Fondo de Liquidez Autonómica ou aspectos da descentralización tributaria e a dureza da restricción orzamentaria das Comunidades Autónomas ou mesmo unha proposta de reparto do déficit entre as Administracións Públicas.

Coa súa colaboración neste tipo de iniciativas, o CES achégase á primeira liña de creación de coñecemento en materias que teñen clara relevancia socioeconómica.

Na imaxe, un momento da inauguración das xornadas, coa presidenta do CES, Corina Porro, o conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia, Valeriano Martínez, e o responsable da organización, Santiago Lago, da Universidade de Vigo.