inicio - Novas - Xornada sobre "Tendencias sectoriais e retos comúns na industria galega" en Vigo

Xornada sobre "Tendencias sectoriais e retos comúns na industria galega" en Vigo

 19/10/2017  

Enmarcada na iniciativa Por unha alianza no sector industrial gallego, o vindeiro martes 31 de outubro celebrarase en Vigo o xornada "Tendencias sectoriais e retos comúns na industria galega", evento organizado polo CES-Galicia coa colaboración do Consorcio da Zona Franca de Vigo e mais o Igape.

Na primeira xeira de intervencións, a cargo de protagonistas do sector manufactureiro galego no ámbito da automoción, téxtil, equipamento electrónico e software industrial, realizarase un exercicio de prospectiva tecnolóxica e análise de cambios nos modelos de negocio co obxectivo de observar patróns evolutivos sectoriais e retos compartidos.

Na segunda rolda de intervencións, representantes de UGT, CIG, CC.OO. e da Confederación de Empresarios de Galicia expoñerán as súas perspectivas sobre o panorama futuro do sector industrial galego.

A participación é gratuíta con prazas limitadas. Pode consultar o programa no documento desta páxina.

CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA: http://www.zonafrancavigo.com/red/confirma

documentos relacionados: 
AnexoTamaño
PDF icon programa xornada industria.pdf109.81 KB