|
Os novos membros do Consello Económico e Social
de Galicia, coa súa nova presidenta, Corina Porro Martínez,
tomaron posesión dos seus cargos nun sinxelo acto intitucional desenvolvido
na sede do organismo. Publicados os decretos de nomeamento o pasado 8 de
xullo no Diario Oficial de Galicia, a presidenta e os membros designados
polas organizacións, entidades e institucións representadas
no Consello afrontan un período de catro anos de mandato. O acto contou coa presencia, entre outras autoridades e invitados, do
presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo,
e do presidente saínte do CES, Pablo Egerique Martínez. A
nova presidenta gabou o labor do seu antecesor e salientou o valor que
ten acadar os máximos consensos para o seu traballo ao frente do
organismo consultivo.
|