inicio - Novas - A RTA presenta o seu estudo sobre as condicións para a boa realización da Estratexia Atlántica nun evento sobre tecnoloxías e industrias oceánicas en Portugal

A RTA presenta o seu estudo sobre as condicións para a boa realización da Estratexia Atlántica nun evento sobre tecnoloxías e industrias oceánicas en Portugal

06/06/2017

A Rede Transnacional Atlántica (RTA) de Consellos Económicos e Socias presentou hoxe en Oporto as súas propostas sobre as condicións de éxito para a Estratexia Atlántica desde a perspectiva dos axentes socioeconómicos das rexións atlánticas no marco do evento "Tecnoloxías e industrias oceánicas", organizado polo Cluster do Mar Portugués. Cun formato de workshop, o acto serviu para dar a coñecer nese contexto as conclusións do estudio da organización dos CES sobre as condicións para a boa realización e implementación do Plan de Acción da Estratexía Atlántica, nunha intervención a cargo de Arantza López de Munain, co-ponente do estudo.

Previamente, os participantes asistiron á presentación da RTA como plataforma de cooperación dos axentes económicos e sociais das rexións atlánticas, a cargo do presidente da red, Francisco Huidobro (CES País Vasco) e coa intervención da vicepresidenta Corina Porro (CES-Galicia).

A RTA, como plataforma dos axentes socioeconómicos das rexións atlánticas elaborou un informe sobre os primeiros pasos da implementación da Estratexia, focalizado sobre a apropiación do seu Plan de Acción por parte dos actores da sociedade civil dos territorios atlánticos e na actualidade traballa nun novo informe que contribúa ao proceso de avaliación e revisión da Estratexia ao remate de 2017. Con esta acción, a organización presentou a rede e as problemáticas detectadas e comparounas coas experiencias dos operadores expertos que acudiron á reunión.