inicio - Novas - Reunión de traballo do gabinete técnico do CES Galicia con técnicos do CES de España sobre as novidades da Memoria socioeconómica

Reunión de traballo do gabinete técnico do CES Galicia con técnicos do CES de España sobre as novidades da Memoria socioeconómica

 17/10/2022  

O gabinete técnico do CES-Galicia mantivo hoxe unha reunión de traballo con parte do equipo técnico da área de estudos do CES de España, na sede do organismo consultivo en Madrid, para analizar os cambios introducidos no proceso de elaboración da memoria socioeconómica deste último ano e as novidades que poderían implementarse para estes vindeiros exercicios. José Francisco Armesto, acompañado polo secretario xeral do organismo galego, Manuel Martínez, compartiron opinións e experiencias co director de área do gabinete de estudos do CES, Luis Sauto, e os coordinadores desa área Reyes de Blas, Fernando Martínez e Nuria Moreno sobre eventuais cambios e procesos de mellora para o documento socioeconómico anual do CES.